Sobre nós
Anos de experiencia
Poñendo en valor o noso
A dos Capelo
Despois de máis de 30 anos dedicados con paixón ao gando vacún, a nosa familia dá un paso máis abrindo as portas da primeira carnicería no emblemático Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. Nacemos cun propósito claro: achegarche o mellor da nosa terra e poñer en valor o territorio rural galego, ofrecendo produtos frescos, de proximidade, e co agarimo que só tres xeracións de dedicación poden ofrecer.
Especializámonos en carne de tenreira, seleccionada coidadosamente en cada etapa, garantindo que cada bocado sexa un reflexo do noso compromiso coa calidade. Pero iso non é todo: os nosos afamados roxóns e chourizos, feitos seguindo receitas familiares que pasaron de xeración en xeración, son unha verdadeira homenaxe á tradición e ao bo facer.
En A Dos Capelo non só mercas carne; compartes un anaco da nosa historia, da nosa terra e da nosa dedicación ao auténtico. Ven coñecernos e descobre por que tantos confían en nós para levar o mellor de Galicia á súa mesa.